Coral Polifónica Casino Mugardés
Agrupación musical creada en 1987 e integrada na Federación Coral Galega (FECOGA). Composta aproximadamente por 45 voces mixtas, dirixiuna Miriam Fernández-Pareja y Marín, entre outros profesionais. Participou en numerosos certames e obtivo diversos galardóns, entre os que destacan o premio á mellor interpretación da obra barquereña no XXVI Certamen Nacional de la Canción Marinera de San Vicente de la Barquera (1993), I Premio no VIII Certame Coral de Noia (1995), III Premio no Concurso de Corais de Galicia (1995), Lira de Bronce no XXIX Certamen Nacional de la Canción Marinera de San Vicente de la Barquera (1996), II Premio no Concurso de Corais de Galicia (1996), I Premio no Certame de Corais de Galicia Vila de Marín (1998 e 1999) e III Premio no XVI Certamen Internacional de Corales Villa de Avilés (1999). En 1997 gravou o CD Desde mi orilla.