Coral Polifónica da Empresa Nacional Bazán
Coral Polifónica da Empresa Nacional Bazán
[MÚS]
Conxunto coral mixto constituído en 1941 baixo a dirección de Manuel Pérez Fanego. Realizou numerosas actuacións pola xeografía española e no estranxeiro. Da súa discografía destaca Salmos prá nosa terra (1970). En 1976 recibiu a Medalla de Prata de Ferrol ao mérito artístico.