Coral Polifónica del Real Club Náutico de Vigo
Coral Polifónica del Real Club Náutico de Vigo
[MÚS]
Agrupación creada a finais do ano 1988 no seo do Real Club Náutico de Vigo como complemento ás actividades deportivas e para abandeirar os actos culturais do Club. Composta por 50 voces mixtas, interpreta todo tipo de obras corais, dende coros de ópera e zarzuela ata música sacra ou clásica, así como un amplo repertorio do folclore galego, portugués e hispanoamericano. A súa estruturación e dirección, dende a súa fundación, foi obra de Francisco Rey Rivero, musicólogo e compositor. Ademais das súas actuacións periódicas no Club, realizou máis de cen concertos en diversas cidades de España e do estranxeiro, entre os que destaca a actuación ante a colonia galega de París e o concerto que ofreceu ao Parlamento de Estrasburgo.