Core
Core
[MIT]
Deusa grega dos infernos, filla de Zeus e Deméter. De nome Perséfone, conta a lenda que o seu tío Hades, namorado dela, raptouna coa axuda de Zeus. Finalmente, cando este obrigou o raptor a que lle devolvese a moza á súa nai, xa era demasiado tarde: Core quebrantara o xaxún ao comer un gran de granada e quedara, deste xeito, encadeada irreversiblemente aos infernos. En Roma identificouse con Proserpina.