corea

corea

(< lat chorēa < gr

s f [PAT]

Trastorno neurolóxico caracterizado por unha sucesión de movementos involuntarios rápidos, breves e desordenados. Afecta a calquera parte do corpo, sobre todo extremidades, cara e lingua. Algúns tipos especiais de corea son a corea de Sydenham, a corea simple ou o baile de san Vito, considerada como unha complicación das infeccións estreptocóccicas do grupo A, especialmente do reumatismo poliarticular agudo; a corea de Huntington, enfermidade hereditaria que comeza na idade adulta e que se manifesta, ademais de polos movementos coreicos, polo deterioro mental progresivo; e a corea gravídica, que adoita presentarse no primeiro trimestre do primeiro embarazo, semellante á corea de Sydenham, pero que non vai asociada ao reumatismo poliarticular agudo.

Palabras veciñas

Cordyline | core | Core | corea | Corea | Corea, Chick | Corea, Guerra de