Coronel
Coronel
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe aragonesa que se estendeu por Galicia, Castela e Andalucía. As súas armas levan, en campo de goles, cinco aguias de prata, postas en aspa; bordo de azul, con oito flores de lis de ouro. Outra variante trae, en campo de goles, cinco aguias de prata, postas en aspa, a do centro coroada de ouro; bordo de prata con sete flores de lis de azul.