Correo de Galicia, El
Correo de Galicia, El
[PUBLIC]
Revista mensual bilingüe que saíu á luz o 12 de decembro de 1995 en Bos Aires, subtitulada “Del Grupo Nós de Buenos Aires” e baixo o lema “Un medio para la expansión gallega en el mundo”. O seu editor e presidente foi Álvaro Campos. Dirixida por Rodolfo A. González, entre os seus colaboradores figuraban Graciana Vázquez Villanueva, Xosé M. Manteiga, Rosa Puente, Ramón Suárez, Eduardo Vázquez e Victoria Besada. Trátase dunha publicación que inclúe novas da actualidade social, política e económica de Galicia, á parte das actividades das institucións galegas nese país e das visitas que realizan diferentes personalidades do mundo político e cultural. Case todos os artigos van ilustrados con fotografías.