corresponder

corresponder

(< co- + responder)

  1. v i

    Manter dúas cousas unha relación de conformidade ou de congruencia mutua.

    Ex: O número de teléfono non corresponde a ningún cliente. Eses edificios non corresponden ó estilo arquitectónico da cidade. Aqueles cables non corresponden a ese aparello. Os seus modais non corresponden á educación recibida.

  2. v i
    1. Ocupar lugares análogos en dúas series de cousas.

      Ex: A ala dereita do edificio non corresponde exactamente á esquerda.

    2. Estar en relación de simetría.

      Ex: O termo B da segunda progresión corresponde co termo A da primeira.

  3. v i

    Pertencer algunha cousa a alguén por dereito, polo seu rango, por méritos adquiridos ou por calquera outra circunstancia semellante.

    Ex: Correspóndeche o primeiro lugar na lista. A resolución dese conflito correspóndelle ás autoridades competentes.

  4. v i
    1. Ter alguén a obriga de realizar algo.

      Ex: O coidado dos teus pais correspóndeche a ti. Correspóndeme a min pechar a tenda esta semana.

      Sinónimos: concernir, incumbir, concernir. Confrontacións: competer.
    2. Ser oportuno ou conveniente realizar algunha cousa.

      Ex: Correspóndelles ós mozos deixarlles o asento ás persoas maiores.

  5. v i

    Dar a cada un o que lle pertence nunha repartición de bens.

    Ex: Tenche que dar as cincocentas pesetas que che corresponden da lotería.

    Sinónimos: tocar.
  6. v i

    Devolver a unha persoa algo material ou inmaterial a cambio doutra cousa que se recibiu anteriormente.

    Ex: Correspondeulle cun agasallo ó favor que lle fixo. Pedro non corresponde ó afecto que ti lle tes.

  7. v pron

    Estar dúas cousas en relación de identidade.

    Ex: As noticias que temos aquí do que aconteceu na aldea non se corresponden coas túas. A calidade da obra non se corresponde coas críticas recibidas.

  8. v pron

    Posuír varias cousas propiedades análogas pola súa propia natureza.

    Ex: As dúas alas do edificio non se corresponden exactamente.

  9. v pron

    Manter varias persoas un afecto, unha estima ou un agarimo mutuo.

    Ex: Correspóndelle con palabras de agarimo.

  10. v pron

    Comunicarse por escrito entre dúas ou máis persoas.

    Ex: Ten un irmán no Brasil co que se corresponde dende a mocidade.

Conxugar
VERBO corresponder
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correspondo
correspondes
corresponde
correspondemos
correspondedes
corresponden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correspondía
correspondías
correspondía
correspondiamos
correspondiades
correspondían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correspondín
correspondiches
correspondeu
correspondemos
correspondestes
corresponderon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correspondera
corresponderas
correspondera
corresponderamos
corresponderades
corresponderan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corresponderei
corresponderás
corresponderá
corresponderemos
corresponderedes
corresponderán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correspondería
corresponderías
correspondería
corresponderiamos
corresponderiades
corresponderían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corresponda
correspondas
corresponda
correspondamos
correspondades
correspondan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
correspondese
correspondeses
correspondese
correspondesemos
correspondesedes
correspondesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corresponder
corresponderes
corresponder
correspondermos
corresponderdes
corresponderen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
corresponde
-
-
correspondede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corresponder
corresponderes
corresponder
correspondermos
corresponderdes
corresponderen
Xerundio correspondendo
Participio correspondido
correspondida
correspondidos
correspondidas