corveta
corveta
(< fr corvette)
-
s
f
[MAR]
Embarcación que orixinariamente tiña tres mastros (trinquete, maior e mesana), aínda que tamén podía ter catro e cinco. O mastro maior leva velas cadradas e o mastro de mesana velas de coitelo.
-
s
f
[MAR/BÉL]
Antigo navío de guerra de tres mastros e menor cá fragata. Durante a Segunda Guerra Mundial deseñouse para combater, especialmente, contra os submarinos. De tecnoloxía moi avanzada, poden realizar satisfactoriamente a maioría das funcións que fan as fragatas máis grandes.