coturno
coturno
(< lat cothurnu < grκόϴορνος)
s
m
Calzado que empregaban os actores na traxedia grega. Consistía en varias tiras de cortiza que suxeitaban o pé a unha plataforma de cortiza moi grosa, que aumentaba considerablemente a altura dos actores e contribuía a darlles un aspecto impoñente. A súa incorporación ao vestiario teatral remóntase a Esquilo. Non se empregaba na comedia.