craveira

craveira

(< cravo)

  1. s f

    Burato ou molde onde se forman as cabezas dos cravos.

  2. s f

    Burato no que se introduce o cravo, especialmente na ferradura.

  3. s f

    Táboa con varios cravos nos que se colgan cousas.

  4. s f

    Utensilio de aceiro ou ferro, provisto dunha longa barra que permite fixalo, con dúas puntas laterais opostas sobre a que se baten e moldean os metais ou as solas dos zapatos.

    Ex: Machucou un dedo ó bater a sola do zapato na craveira.

    Sinónimos: bigornia.

Palabras veciñas

cravado -da | Cravan, Arthur | cravar | craveira | craveiro | cravo | Cravo Fondo