cravo
(< lat clavu)
-
s
m
Pequena barra de metal rematada en punta, cunha cabeza no extremo oposto que limita a penetración. Se se fai entrar a golpes, serve para unir dúas pezas, para colgar algunha cousa ou como ornamentación. Actúa por fricción da súa superficie coas paredes do orificio. A súa forma, dimensión e material dependerán basicamente da súa función. Outrora, os cravos forxábanse manualmente en quente e a tipoloxía era moi diversa. A partir do primeiro terzo do s XIX, co inicio da súa fabricación industrial, reducíronse os tipos e as formas e pasouse a unha fabricación en frío (a partir de barras, pranchas ou arame). Entre os tipos máis empregados están o cravo de ferrar, feito con aceiro moi maleable; o cravo de gancho ou alcaiata, dobrado en ángulo recto, que serve para colgar obxectos; ou o cravo de rosca, caracol ou parafuso. Na tradición oral recóllense ditos como: “De nada serve o cravo se non hai onde cravalo. Díxolle a subela ao cravo: deixarás aquí o rabo. Por un cravo pérdese a ferradura. Un cravo saca outro cravo, se os dous non quedan cravados”.
-
[BOT]
-
s
m
Especia moi aromática e de sabor delicado formado polos abrochos secos das flores do craveiro. A compoñente aromatizante pódese descompoñer, por destilación en corrente de vapor libre, nun aceite volátil que contén o 85-95% de euxenol, cariofilina, vanilina e outras substancias, e nunha fracción oleosa fixa que representa entre o 6 e o 10%. Á parte do seu uso culinario -como condimento e na elaboración de embutidos-, emprégase tamén en medicina e perfumería. Existen varios tipos: Bourbon, de cor parda, e Caiena, de cor negra, que son escasamente aromáticos; mentres que o das Molucas ou inglés, de cor acastañada, é de maior tamaño e ten un forte aroma.
-
esencia de cravo
Aceite esencial que contén os principios activos da especia do cravo, especialmente o euxenol, empregado como aromatizante, como estomacal e para a dor de moas.
-
s
m
-
s
m
[PAT]
Calosidade dérmica de forma piramidal.
-
s
m
Obxecto de arame que se lle pon ao porco no fociño para evitar que foce.
Sinónimos: vincallo, vinco. -
s
m
Mancha que aparece nun ollo, especialmente no gando vacún.
Frases feitas
-
2 Insistir no que se fixo ou se dixo.
-
Agarrarse a un cravo ardendo. Empregar calquera medio para resolver ou salvarse dunha situación difícil.
-
Dar unha no cravo e cento na ferradura. Acertar algunha vez por casualidade despois de moitas equivocacións.
-
Non dar unha no cravo. Fallar sempre.
-
Remachar o cravo.
-
1 Engadir a un erro outro maior, tratando de emendar un desacerto.
-
Chegar/acudir/ser coma un cravo. Chegar puntualmente.
-
Comer alguén os cravos ardendo. Aplícase a quen ten moita fame e come calquera cousa.
-
Dar no cravo. Acertar ou descubrir algunha cousa.
-
Levar ata os cravos da parede/Non deixar cravo/estaca na parede. Deixar algo despoxado de todo.
Refráns
- Díxolle a subela ao cravo: Deixarás aquí o rabo.
- O que non crava, non fura.
- Por un cravo pérdese un cabalo; por un cabalo, un cabaleiro; e por un cabaleiro, un reino.