craveiro
craveiro
(< cravo)
s
m
[PLANTA]
Árbore perennifolia de ata 15 m de altura e de aspecto piramidal. Posúe follas duns 10 cm, lanceoladas e lustrosas, que presentan glándulas aromáticas, e flores abundantes, pequenas e olorosas, de cáliz alongado e avermellado, con pétalos pequenos e cun gran número de estames dourados, agrupados en cimas terminais. As flores recóllense antes de que abran e déixanse secar de xeito que adoptan o aspecto de corpos marróns e crebadizos en forma de cravo duns 12 mm de lonxitude, onde se distingue unha cabeza formada por pétalos moi xuntos rodeados de catro sépalos grosos; isto constitúe unha especia coñecida como cravo. Orixinaria das Illas Molucas, cultívase en China e en diversos países africanos e americanos.