culata
(
-
s
f
[BÉL]
-
Parte posterior de certas armas que se apoia no ombro para disparar.
Ex: Merquei unha escopeta de caza coa culata de madeira.
-
Grosor de metal que tapa a ánima do canón pola parte oposta á boca. Nas armas pesadas, coma os canóns e os obuses, é o corpo posterior que contén a recámara, o peche, etc.
-
-
s
f
-
[TECNOL]
Peza de ferro fundido que vai fixada á parte superior do bloque do motor. Fai de tapa para os cilindros e leva fixadas as buxías. Nos motores con válvulas na cabeza dos cilindros, a culata aloxa as válvulas e os balancíns correspondentes, mentres que nos motores con válvulas laterais, estas van sobre o bloque. A culata ten un papel importante na refrixeración do motor. O corpo da culata está oco e polo seu interior circula a auga que, procedente do bloque, pasa por uns condutos a través da xunta da culata.
-
[MAR]
Peza que vai debaixo dos motores de explosión e pecha o espigón que o suxeita.
-
[TECNOL]
-
s
f
[FÍS]
Peza de material ferromagnético destinada a unir magneticamente os núcleos dun electroimán ou dun transformador, ou ben os polos dunha máquina eléctrica.