cura

cura

(

  1. s f

    Acción ou efecto de curar ou curarse.

    Ex: Descubríuselle unha enfermidade que non ten cura.

    Sinónimos: curación.
    1. s f

      Tratamento especial ao que se somete un enfermo coa finalidade de eliminar ou paliar a doenza que sofre.

      Ex: Ten que facer unha cura de repouso.

    2. cura de altitude

      Permanencia na alta montaña como medio terapéutico.

    3. cura de augas

      Tratamento de certas enfermidades mediante diversos tipos de augas minerais.

    4. cura de desintoxicación

      Tratamento que se aplica a unha persoa para eliminar a súa dependencia fisiolóxica e psicolóxica a determinadas substancias.

    5. cura intensiva

      Aplicación continua, en departamentos clínicos especiais, dos procedementos de observación, diagnose e tratamento adecuados ás enfermidades graves.

  2. s f

    Aplicación de substancias medicamentosas e de apósitos enriba dunha ferida para que cure.

    Ex: Cámbianlle a cura dúas veces á semana.

    1. s m

      Sacerdote que ten ao seu cargo unha freguesía.

      Ex: O cura oficiou a misa en galego.

      Sinónimos: clérigo, crego, sacerdote. Confrontacións: abade, párroco.
    2. cura de almas

      Función do sacerdote encargado dunha parroquia.

  3. s f [CONSTR]

    Tratamento do formigón que mantén húmidas as súas superficies para impedir a evaporación da auga de amasado e suavizar a retracción.

Palabras veciñas

cupular | cupulífero -a | cupuliforme | cura | Cura de Fruime | curable | Curaçao