columbario
columbario
(< lat columbārĭu‘pombal’)
s
m
[ARQUIT]
Edificio funerario romano formado por unha serie regular de nichos semicirculares nas paredes, nos que se metían as urnas cinerarias. A disposición das urnas lembraba á dun pombal, de aí o seu nome. Utilizábanse como sepulcros familiares que, a miúdo, acollían os libertos e os escravos das familias. Destacou o construído na Via Apia para os libertos de Livia.