deixa

deixa

(

  1. s f

    Descoido por parte de alguén das súas obrigas, do seu traballo, dos seus compromisos ou de si mesmo.

    Ex: A súa deixa é total, anda sempre feito un farrapo.

    Sinónimos: abandono, deixamento, desleixamento, desleixo, neglixencia.
  2. s f

    Falta de ansias ou de enerxías.

    Ex: Ó final do curso é cando máis se nota a deixa dos alumnos.

    Sinónimos: desidia, desinterese.
  3. s f

    Doazón de bens ou dereitos que aparece disposta nun testamento.

    Ex: O fillo máis pequeno non estaba de acordo coa deixa do seu pai.

Palabras veciñas

deitada | deitado -da | deitar | deixa | deixada | deixado -da | deixamento