delta
(
-
s
m
-
Nome da cuarta letra do alfabeto grego (Δ, δ) que se corresponde coa letra d do alfabeto latino.
-
[HERÁLD]
Peza ou figura que representa esta letra en forma de triángulo equilátero baleiro.
-
-
s
m
Depósito sedimentario con forma triangular, resultado da acumulación dos aluvións dun río na súa desembocadura. A súa forma vén determinada por unha serie de factores, como a pendente dos fondos mariños, a configuración costeira, a dirección e a velocidade das correntes fluviais e mareais, o caudal, a carga e a orientación do curso do río. Se predomina a acción fluvial, os deltas son lobulados, como os do Rhône e do Ebro, ou dixitados, como os do Mississippi; se predomina a erosión mariña, adquiren formas redondeadas. A acumulación de sedimentos pode provocar movementos isostáticos en lugares cunha certa debilidade tectónica como a que se detectou no delta do Mississippi. Os deltas son moi movibles, tanto polos cambios e as subdivisións constantes do curso fluvial, como pola erosión das correntes e as ondas do mar.
-
metal delta
[IND]
ariedade de latón composto dun 55-60% de cobre, dun 38-44% de cinc e dun 1,5% de ferro. É pouco oxidable e moi elástico e emprégase moito en construcións mecánicas.
-
delta místico
Triángulo raiante que acolle no seu interior o ollo de Iavé e as súas siglas en hebreo YHWH.