demiurgo

demiurgo

(

  1. s m [FILOS]

    Deus creador e ordenador do mundo, causa activa intelixente produtora do cosmos na filosofía de Platón e dos gnósticos. Para Hegel é o proceso do pensamento que se transforma en forza independente e divinizada.

  2. s m [RELIX]

    Deus creador do universo en distintas relixións.

  3. s m [HIST]

    Maxistrados de diversas cidades-estado gregas, sobre todo das dorias, con diversas atribucións. Entre os máis coñecidos figuran os cincuenta membros da xerusía da Liga Arcaica e os dez membros da Liga Aquea.

  4. s m pl [HIST]

    Persoas que traballaban para o público na antiga Grecia, como os adiviños, os médicos ou os artesáns.

  5. s m

    Persoa que domina dentro dun grupo ou organización pola súa capacidade de organización, decisión e imaxinación.