depositario -ria
(< lat depositarĭu)
-
-
adx
Que recibe e garda algo en depósito.
Ex: O banco depositario das súas xoias envioulle unha notificación sobre o estado da súa fortuna. O seu fillo é o único depositario de todos os seus bens.
-
s
[DER]
Persoa que garda unha cousa en depósito. Non é esencial que perciba unha cantidade, en todo caso ten dereito a cobrar do que efectúa o depósito os gastos realizados para a debida conservación da cousa. Non ten ningunha facultade de uso ou gozo da cousa depositada.
-
adx
-
s
[DER]
Órgano da quebra encargado interinamente da administración da empresa dende que a quebra se declara ata que os síndicos asumen o seu control. O nomeamento prodúcese no auto de declaración de quebra. Debe recaer en comerciante de notorio bo crédito, sexa ou non acredor. As súas funcións son a custodia e conservacion dos bens ocupados ao quebrado, baixo vixilancia e fiscalización do comisario da quebra.
-
s
Persoa á que se lle confía algo inmaterial.
Ex: O meu compañeiro é o depositario da miña confianza.