depósito
(< lat deposĭtu)
-
s
m
Acción de depositar ou depositarse.
-
s
m
Cousa que se deposita.
Ex: Entregoulle o depósito en billetes de dez euros.
-
-
s
m
Lugar no que se deposita algunha cousa.
Ex: Estas caixas teñen que ir directamente ó depósito da empresa.
-
depósito de cadáveres
Sala ou dependencia anexa, xeralmente nun centro hospitalario ou nun cemiterio, onde se depositan os cadáveres de persoas mortas de maneira violenta ou natural para instruír as dilixencias oportunas e efectuar a autopsia.
-
depósito franco
Lugar onde se poden manter mercadorías importadas sen pagar dereitos de aduana. Se os bens son reexportados, non se pagarán estes dereitos, pero pagaranse no caso de que sexan vendidos no país receptor.
-
s
m
-
-
s
m
Recipiente que contén un material sólido, líquido ou gasoso.
Ex: Baleiraron os depósitos de carburante para limpalos.
-
depósito de gravidade
[AERON]
Depósito de combustible que alimenta os motores aproveitando só o peso do combustible.
-
s
m
-
s
m
Materiais acumulados no fondo dun recipiente que contén un líquido no que antes se atopaban en suspensión.
Confrontacións: pouso. -
s
m
[XEOL]
Acumulación natural de mineral sólido, líquido ou gasoso na terra.
Ex: Hai anos explotábase un depósito de carbón nesa zona.
-
s
m
Cantidade de xénero que se lle entrega ao depositario na venda a depósito.
-
s
m
[ARQUEOL]
acubillo.
-
[DER]
-
s
m
Contrato real mediante o que unha parte (depositante), libra temporalmente unha cousa a outra parte (depositario), que a recibe coa obriga de custodiala, conservala e devolvela cando sexa reclamada pola primeira.
-
depósito aberto
Contrato no que o obxecto de depósito son valores negociables considerados como bens non funxibles.
-
depósito bancario
Modalidade de depósito na que o cliente entrega unha suma de diñeiro ao banco, formalizándose a operación e contraendo a obriga a institución de devolverlle as sumas recibidas cando fose requirido polo depositante, nunha data de vencemento determinado ou ben cun prazo previo de aviso, segundo as condicións pactadas. Os depósitos poden clasificarse pola súa dispoñibilidade (a vista e a prazo), a súa formalización (cartilla, obriga de pagamento, contrato privado, etc) e pola súa finalidade (libres ou vinculados a certas finalidades).
-
depósito irregular
Depósito que ten por obxecto bens funxibles, dos que o depositario adquire a facultade de disposición e queda obrigado a devolver unha cantidade igual e da mesma especie e calidade, con aplicación das regras do préstamo, a comisión ou contrato que en realidade suple.
-
depósito mercantil
Depósito que existe cando concorren tres circunstancias: o depositario é comerciante; as cousas obxecto de depósito son obxectos de comercio; e o depósito constitúe por si mesmo unha operación de comercio. Pode ser xudicial ou extraxudicial (segundo se decrete ou non o embargo), regular ou irregular (segundo se concrete ou non a cantidade de diñeiro depositada), aberto ou pechado e necesario ou voluntario (segundo se faga en cumprimento ou non dunha obriga legal).
-
depósito necesario
Depósito constituído en cumprimento dunha obriga legal, en caso dunha calamidade e en caso de depósito dos efectos persoais que leven os viaxeiros no lugar de aloxamento.
-
depósito pechado
Contrato no que as cousas obxecto de depósito son libradas polo depositante ao depositario nun sobre pechado; este sobre devólveselle ao depositante no prazo previsto.
-
depósito xudicial
Depósito que ten lugar cando se decreta o embargo ou aseguramento de bens litixiosos. Tamén se denomina secuestro.
-
s
m
-
[IND]
-
depósito de protección
Revestimento obtido por superposición de pinturas ou esmaltes en frío ou en quente por riba dunha superficie.
-
depósito electrolítico
Revestimento metálico obtido por superposición electrolítica sobre os metais ferrosos ou aliaxes de aluminio que serve para protexelos da corrosión.
-
depósito de protección
-
depósito legal
[BIBLIOT]
-
Obriga que teñen os impresores e os produtores nalgúns países de entregar un número determinado de exemplares de toda clase de impresos ou materiais audiovisuais, reproducidos en forma múltiple e destinados á difusión. Os materiais que se reciben por depósito legal inclúen: libros, folletos, follas impresas, publicacións periódicas, partituras, gravados, mapas e planos, carteis anunciadores, bandos e editos, postais ilustradas, naipes, diapositivas, gravacións sonoras, producións cinematográficas e diversos soportes como cintas magnéticas, disquetes, CD-ROM, CD-I ou cintas DAT. Xurdiu en España do privilexio da Biblioteca Real de recibir un exemplar dos libros e papeis que se imprimisen (1716). Dende 1761, a norma obrigou os impresores a entregar un exemplar das obras antes de poñelas á venda. No 1938 incluíronse entre os materiais depositados na Biblioteca Nacional as reproducións fotográficas, as obras cinematográficas e as pezas de gramófono, e no 1945 ingresaron os primeiros discos. O Regulamento do Servicio de Depósito Legal, do 23 de decembro de 1957, estableceu a organización do depósito legal, pero foi modificado polas ordes do ministerio de Educación y Ciencia do 30 de outubro de 1971 e do 20 de febreiro de 1973. A transferencia de competencias ás comunidades autónomas permitiu o desenvolvemento de normativas propias. No caso de Galicia, o depósito legal réxese polo Decreto 36/1991 de febreiro, que regula as normas do seu funcionamento, así como pola Orde do 13 de febreiro de 1992 que desenvolve o citado decreto. Dende o decreto de decembro de 1957 existen cinco oficinas do depósito legal en Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo).
-
Código alfanumérico, composto por tres elementos diferentes, que figura en diversos documentos (dende libros e publicacións periódicas, pasando por partituras e naipes, ata cintas magnéticas, disquetes, CD-ROM ou CD-I) e identifícaos (dous documentos diferentes non poden ter o mesmo depósito legal). Adoita situarse xunto co resto dos créditos do documento. As siglas iniciais indican a oficina de depósito legal que recolle o documento, o ordinal que aparece en segundo lugar sinala o número de entrada do documento entre os publicados nun ano determinado nesa oficina e o ano que aparece en terceiro termo refírese ao ano en que foi recibido o documento. Exprésase do seguinte xeito: VG-1077-2001, que indica que é o documento 1077 dos recibidos na oficina de Vigo no ano 2001.
-
Frases feitas
-
En depósito loc adv Custodiado para a súa posterior exposición ou venda.