Derecha Liberal Republicana
Derecha Liberal Republicana
Grupo político constituído en Madrid en maio de 1930 por Niceto Alcalá Zamora, Miguel Maura e Rafael Sánchez Guerra, entre outros, coa intención de incorporar a dereita española a un posible novo réxime republicano. A participación dos seus líderes principais no primeiro goberno republicano facilitou a expansión do partido, que, no caso galego, tivo especial incidencia na Coruña e Lugo, onde acadaron tres e dous deputados respectivamente nas eleccións de 1931. O grupo fraccionouse cando os seus líderes principais, Alcalá Zamora e Maura, fundaron novos partidos.