Derecho y Justicia
Derecho y Justicia
[PUBLIC]
Revista que apareceu en marzo de 1931 na Coruña e que cesou en agosto de 1932. Subtitulouse “Revista mensual”. Dirixida por Eugenio Vázquez Gundín, contaba coa colaboración de Sancho Andrade, Xosé Reino Caamaño, X. Portal, A. Ríos Mosquera, Rubio de Peña e Lino Torre. Editábase nos obradoiros tipográficos de El Ideal Gallego. Incluía temas relacionados co dereito e a avogacía, e resolucións da Audiencia da Coruña e do Tribunal Supremo.