dereita

dereita

(< dereito)

  1. s f

    Lado dereito.

    Ex: Indicoulle que torcese á dereita.

    Antónimos: esquerda.
  2. s f

    Man ou perna dereita.

    Ex: Deulle unha labazada coa dereita.

    Sinónimos: destra. Antónimos: esquerda.
  3. s f [POLÍT]

    Sector ou conxunto de partidos políticos conservadores. O termo empregouse orixinariamente na convocatoria dos Estados Xerais (1789) para designar os defensores do privilexio real de veto, situados á dereita do presidente. Desde entón, a dereita identificouse coa defensa dos valores tradicionais, contrarios ás reformas e defensores da orde establecida, en contraposición aos da esquerda.

Frases feitas

  • A dereitas. Ben feito.

  • De dereitas. Con ideas políticas conservadoras.