despachar

despachar

(

  1. v t

    Resolver ou solucionar un asunto de maneira rápida e con falta de detalle.

    Ex: Imos despachar este asunto nun intre. Espérame un segundo que despacho isto axiña e xa vou.

  2. v t

    Rematar un negocio, un asunto ou unha tarefa.

    Ex: Levamos xa dous días con el pero non conseguimos despachar este asunto.

    Sinónimos: acabar. Confrontacións: concluír, rematar, resolver.
  3. v t

    Dar curso oficial a algo.

    Ex: Hoxe despachamos todos os expedientes atrasados. Normalmente o correo está despachado ás nove da mañá.

  4. v t

    Tratar un negocio ou asunto con alguén.

    Ex: O avogado estivo toda a mañá despachando eses asuntos co seu axudante. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Os sábados o alcalde despacha de nove a dúas.

  5. v t

    Enviar algo ou a alguén a un lugar determinado.

    Ex: Despachouno a correos para recoller a mercadoría.

  6. v t

    Despedir ou desfacerse de alguén.

    Ex: Despachouno da oficina sen darlle explicacións. Fun falar con el pero despachoume sen que puidese dicir unha palabra.

    Confrontacións: expulsar.
  7. v t

    Matar ou eliminar a alguén.

    Ex: Despachouno coa tunda que lle deu.

  8. v i
    1. ender directamente ao público xéneros ou mercadorías nun establecemento.

      Ex: Neste local despachan produtos de Asturias. Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: O rapaz do Manolo os domingos xa despacha el só.

      Sinónimos: vender.
    2. Atender a un cliente.

      Ex: Nesa tenda sempre me despachan dunha forma moi groseira.

  9. v pron

    Dicir unha persoa a outra todo o que lle apetece, con total liberdade e sen reservas.

    Ex: Despachouse a gusto coa profesora cando a viu pola rúa.

Frases feitas

  • Despachar deste mundo. Administrar o sacerdote os sacramentos.

Conxugar
VERBO despachar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despacho
despachas
despacha
despachamos
despachades
despachan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despachaba
despachabas
despachaba
despachabamos
despachabades
despachaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despachei
despachaches
despachou
despachamos
despachastes
despacharon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despachara
despacharas
despachara
despacharamos
despacharades
despacharan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despacharei
despacharás
despachará
despacharemos
despacharedes
despacharán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despacharía
despacharías
despacharía
despachariamos
despachariades
despacharían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despache
despaches
despache
despachemos
despachedes
despachen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despachase
despachases
despachase
despachasemos
despachasedes
despachasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despachar
despachares
despachar
despacharmos
despachardes
despacharen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
despacha
-
-
despachade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
despachar
despachares
despachar
despacharmos
despachardes
despacharen
Xerundio despachando
Participio despachado
despachada
despachados
despachadas