despoxo

despoxo

(< despoxar)

  1. s m

    Acción de despoxar ou despoxarse.

  2. s m

    Presa ou botín que se lle arrebata ao vencido. OBS: Adoita empregarse en plural.

    Ex: Os pobos máis pobres sofren despoxos continuamente.

  3. s m

    Resto que queda de algo que non se pode ou non se quere aproveitar. OBS: Adoita empregarse en plural.

    Ex: Botou os despoxos no lixo. Aproveitou para o porco todo o despoxo que xuntara.

    Sinónimos: desperdicio, desperdicio.
  4. s m pl

    Restos, como vísceras, cabeza, patas ou outras partes do corpo dalgúns animais, como aves ou reses, que se poden aproveitar para comer. Clasifícanse de maneira xenérica en brancos (sesos, moella, estómago, tripas, mans, testículos, ás de ave, etc) e vermellos (riles, lingua, corazón, fígado, etc).

  5. s m pl

    Restos mortais dunha persoa.

    Ex: Trasladaron os seus despoxos á súa cidade natal.

Palabras veciñas

despótico -ca | despotismo | despoxar | despoxo | 1 despracer | 2 despracer | desprazable