Deus
Apelido que ten a súa orixe nun alcume moi frecuente na Idade Media. A súa orixe está no apelativo de Deus que, como apelido administrativo, se adoitaba engadir ao nome de bautismo para os nenos orfos e que despois pasou a ser empregado como alcume. Rexístrase desde moi cedo en documentos en latín e máis tarde en romance: “Michaelis de Deo” (doc ano 1188 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 499), “Maria de Deus” (doc ano 1281 en C. de Azevedo Maia, História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 132). Variantes deste apelido son De Deus e Deus de, mentres que De Dios e Dios son formas castelás ou galegas castelanizadas.
Frases feitas
-
Á boa de Deus. Sen coidado, sen artificio ou malicia.
-
Deus o teña na súa gloria. Expresión que se emprega cando se nomea a unha persoa que morreu como mostra de respecto.
-
Deus sexa bo e o demo tamén. Ser bo algo e o seu contrario.
-
Deus te aparte do día das gabanzas. Expresión que se usa para desexarlle a alguén que a súa morte estea lonxe.
-
(Que) Deus cho pague. Expresión de agradecemento.
-
(Que) Deus nos teña da súa man. Expresión que alguén emprega para pedir axuda a Deus ante un perigo.
-
(Que) veña Deus e o diga/vexa. Expresión coa que se pretende reforzar a certeza dunha afirmación.
-
(Queda) con Deus. Fórmula de saúdo ou despedida.
-
A Deus dar. Con moita abundancia. Ex: Chover a Deus dar.
-
A Deus o que é de Deus e ao César o que é do César. Dar a cada un o que lle corresponde.
-
Anda con Deus. Expresión coa que alguén se despide.
-
Así Deus me salve/me dea a gloria/Como hai Deus. Expresións coas que se pretende reforzar a certeza dunha afirmación.
-
Así Deus nos dea pan, e paz e sacramentos para a alma. Expresión que se emprega despois de matar a sede.
-
Chamar/Levar Deus a un/Chamar Deus para si. Morrer.
-
Comer a Deus polas pernas. Ter moita fame e comer moito. Ex: Como tivo que traballar ata as tres, ao chegar á casa comía a Deus polas pernas.
-
Como Deus manda. Ben ou de forma correcta. Ex: Fixeches todo ao revés, empeza outra vez e faino como Deus manda.
-
Darse un a Deus e ao demo. Estar moi anoxado ou alporizado.
-
De menos nos fixo Deus. Expresión que indica a esperanza de acadar algo moi difícil ou desproporcionado.
-
Deixado da man de Deus. Abandonado.
-
Deixar algo a Deus. Fiar á providencia o éxito dun negocio.
-
Deus é bo e o demo non é malo. Querer estar a ben con todos.
-
Deus llo traia con ben/Deus lle dea unha horiña pequena. Aplícase á muller que vai dar a luz para desexar que todo saia ben.
-
Deus me dea paciencia (e un carro para levala). Expresión de resignación do que sofre moitas penas e desgracias.
-
Deus me entende. Indica o convencemento que alguén ten de que o que di é razonable, aínda que non saiba argumentalo.
-
Deus nos colla confesados. Indica o temor ante unha desgraza ou mal inminentes.
-
Deus nos libre dun ""xa foi"". Indica que non paga a pena lamentarse por algo que non ten remedio porque xa pasou.
-
Deus nos libre dunha mala cousa. Especie de conxuro con que alguén pretende librarse de males e influencias negativas.
-
Deus nos libre/Non o queira Deus. Expresión que indica medo e rexeitamento dun posible futuro acontecemento negativo.
-
Deus o arrequente. Expresión que se di para que haxa unha boa colleita.
-
Deus o faga bo. Expresión que indica o desexo de que alguén mellore a súa conduta ou o seu proceder.
-
Deus o faga mellor. Expresión que indica o desexo de que non se faga realidade algún mal ou suceso negativo que se teme.
-
Deus o traia con ben. Expresión coa que se desexa que chegue ben alguén que vén de camiño dunha viaxe.
-
Deus o/a dea. Expresión de benvida a algo moi necesario para o beneficio da terra, como o sol, a chuvia, o tempo seco, etc.
-
Deus os cría e o demo os xunta. Expresión que indica que os individuos que teñen as mesmas inclinacións, xeralmente negativas, acostuman xuntarse uns cos outros.
-
Deus protexa ao demo, que é un pobre diaño. Expresión que se di ao falar da maldade dalgunha xente.
-
Deus te entenda. Expresión que se lle di a alguén que ten un discurso confuso ou incomprensible.
-
Deus te faga de boa caste. Expresión que se lles di aos nenos que se portan mal para que cambien de actitude ou de comportamento.
-
Deus te oia e o diaño sexa xordo/Deus te bendiga pola barriga. Expresión desiderativa cara ao positivo.
-
Estar de Deus. Estar predestinado.
-
Estar deixado da man de Deus. Expresión que se emprega para referirse a alguén que fracasa en todo o que emprende.
-
Gracias a Deus. Expresión que significa afortunadamente. Ex: Pensan que estou arruinado pero grazas a Deus aínda me queda moito da herdanza da miña nai.
-
Ir (un) con Deus. Expresión que se usa para despedirse.
-
Non servir para Deus nin para o demo. Non servir para nada de proveito.
-
Non ter un en que Deus lle chova. Ser moi pobre.
-
Onde Deus sexa servido. Nun lugar indeterminado.
-
Polo amor de Deus/Por Deus. Expresión que se emprega para pedir esmola ou para expresar sorpresa e enfado pola actuación doutra persoa. Ex: Polo amor de Deus, como fixeches o exercicio tan mal?.
-
Queira Deus. Indica o desexo de que suceda algunha cousa pero tamén a desconfianza de que sexa así. Ex: Queira Deus que se lembre de traerme o libro, pero non sei eu.
-
Sabe Deus o que será. Indica a dúbida sobre acontecementos futuros.
-
Sen encomendarse nin a Deus nin ao Demo. Facer algo de forma pouco precavida.
-
Ser un tamén de Deus. Expresión coa que alguén expresa o seu dereito e desexo de ser incluído nun grupo ou nunha actividade. Ex: Invitaron a todos menos a min, e eu tamén son de Deus.
-
Todos os días de Deus. Expresión que se emprega para referirse a algo que ten lugar cada día, sen excepcións, de xeito que chega a ser habitual ou mesmo tedioso. Ex: Chama dúas veces ao día todos os días de Deus.
-
Un Deus o leva e outro Deus o trae. Expresión que se lle aplica a quen cambia moi rápido de ideas ou comportamentos.
-
Vaia por Deus! Expresión de resignación ante un contratempo.
-
Vaite con Deus. Expresión que equivale a déixame en paz ou non me molestes.
-
Vállame Deus! Expresión que denota desgusto, sorpresa ou resignación por unha cousa.
-
Ver a Deus polo cu dunha agulla/por un burato. Ter unha gran dor ou sufrimento, xeralmente físico. Ex: Cando me caeu a pedra no pé vin a Deus polo cu dunha agulla.
-
Veuno Deus a ver. Aplícase á persoa que saíu ilesa dun perigo ou mellorou a situación difícil na que se encontraba. Ex: Decidiron probar con el o novo medicamento e curou o cancro, veuno Deus a ver."
Refráns
- A Marica Montón Deus llo dá, Deus llo quita e Deus llo pon.
- A quen Deus quere axudar, O vento apáñalle a leña.
- A quen Deus quere ben, a sorte buscalo vén.
- A quen Deus quere ben, cáelle a sopa no mel.
- A quen Deus quere, a casa tella.
- Alá me leve "Dios" onde nos atopemos todos nós.
- Cada un coida o seu negocio e Deus o de todos.
- Cada un é para si e Deus para todos.
- Cando Deus amañece, para todos amañece.
- Cando Deus dá a chaga, dá o remedio para sanala/curala.
- Cando Deus dá a fariña, vén o demo e quítaa.
- Cando Deus dá, non é migalleiro.
- Cando Deus dá, para todos dá.
- Cando Deus non quere, os santos non axudan.
- Cando Deus quere, con tódolos ventos chove.
- Cando Deus quería, eu ben lonxe cuspía; agora que non podo, cuspo ao meu modo.
- Cando é de morte o mal ¡de Deus lle veña o remedio!
- Dá Deus ás á formiga para morrer máis axiña.
- Dá Deus ás á formiga para que morra máis axiña.
- Dáo Deus na eira e tólleo Marta na amasadeira.
- De hora en hora Deus mellora.
- De,us nos dea con que riamos, que bos traballos pasamos.
- Déao Deus na eira e cózao Marta na lareira.
- Despois de "Dios", o pote, a cazola e nós.
- Despois de Deus a ola; todo o demais é parola.
- Deus castiga e non dá pauso
- Deus castiga ÓS que ben quere.
- Deus castiga sen pau e sen pedra.
- Deus comigo, eu con el, el primeiro, eu tras del.
- Deus consente ata ao que mente.
- Deus dá o frío a conforme é o abrigo.
- Deus dá o frío segundo é a roupa.
- Deus dá para todos.
- Deus dea paciencia e mal sen interquenencia.
- Deus é bo pagador.
- Deus é grande; e o mundo, pequeno.
- Deus fai a mercede, mais tamén algo quere.
- Deus molla os xustos e os pecadores, o mesmo polos días que polas noites.
- Deus no ceo e na terra o diñeiro.
- Deus non axuda ao que non se axuda.
- Deus non é vello, pois nace tódolos anos.
- Deus non queda con nada de ninguén.
- Deus non ten toueas mais quita dunhas e pon noutras.
- Deus nos dea ira, que paciencia xa a ternos.
- Deus nos teña da súa man e nos saque do inverno e nos meta no verán.
- Deus que nos ten acá, sen mantenza non nos deixará.
- Deus todo o oe e todo o ve e dálle ao home o que convén.
- Deus todo o sabe, inda que todo o cale.
- Deus vai dereito polo camiño torto.
- Deus, que dá para a cea, dá tamén para a candea.
- En canto un vai e outro vén, Deus dá o seu parabén/o seu ben.
- En Deus espera pero, mentres, arrenda.
- En pequen a hora Deus obra e mellora.
- Hoxe mal, mañá peor: ¡vállanos noso Señor!
- Máis Ile vale a quen Deus axuda que a quen moito madruga.
- Mellor vai quen Deus axuda, ca que n moito madruga.
- Non é o que a lúa pinta, que é o que Deus dicta.
- Non fere Deus coas dúas mans.
- Non hai mal a onde Deus non acuda.
- O home propón e Deus dispón.
- O que estea de Deus non o leva o demo.
- Ou a Deus ou ao demo ninguén deixa de servilos, senón o que serve a entrambos.
- Se Deus non me quere, o demo me roga.
- Se Deus quer, non nos ha faltar que comer.
- Sempre Deus pon o remedio, onde a morte a enfermidade.
- Tocan á misa: Deus nos perdoe, se non podemos oíla.
- Vale máis quen Deus axuda ca que n moito madruga.
- ¡Deus di ante e o carro que cante!
- ¡Deus nos queira gardar do que non nos sabemos librar!
- ¡Deus perdoe ÓS mortos e con saúde os enterremos!
- ¡Deus sexa louvado, que témo-Io curral estrado!
- ¡Deus vos manteña e máis que veña!
- ¡Fortuna che dea Deus, fillo, que o saber pouco che abonda!
- ¡Que Deus te socorra e a min que non me desampare!