dextrado -da

dextrado -da

(< lat dextra ‘dereita’)

  1. adx [HERÁLD]

    Aplícase ao escudo dividido por unha liña paralela ao seu lado dereito e situada a un terzo do seu ancho.

  2. adx [HERÁLD]

    Aplícase á peza ou figura acompañada doutra ou doutras á súa dereita.

  3. adx [HERÁLD]

    Aplícase ao pau colocado máis á dereita da súa situación habitual dentro do escudo.

  4. adx [HERÁLD]

    Aplícase ao casco que mira para o flanco dereito.