diamina

diamina

(< 2 di- + amina)

s f [QUÍM]

Composto que contén dúas funcións amina na súa molécula. As diaminas son sólidos cristalinos ou líquidos de olor desagradable que se disolven en auga e que son insolubles en éter. Empréganse como disolventes e tamén como produtos intermedios na síntese de xabóns catiónicos e de produtos farmacéuticos.

Palabras veciñas

diametral | diámetro | diamida | diamina | Diamond, David Lee | diana | Diana