diana
(< día)
-
Antropónimo feminino procedente do latín Diana, deusa dos bosques, da caza e das feras, e símbolo da lúa. Este nome ten a mesma raíz ca o termo latino dius ‘celeste, divino, luminoso’ e xa se utilizaba en tempos do Imperio Romano. Non obstante , o cristianismo non o empregou, talvez por se tratar do nome dunha deusa pagá; de feito, non se rexistra ningunha mártir ou santa antiga con este nome ata o s XIII. No s XV volveuse empregar novamente, como consecuencia do proceso de recuperación de nomes clásicos que tivo lugar no Renacemento. A súa festividade celébrase o 9 de xuño.
-
s
f
-
Punto central dun branco de tiro.
Ex: Non conseguiu dar na diana.
-
Superficie formada por círculos concéntricos sobre a que se practica o tiro ao branco.
Ex: As dianas xa estaban preparadas para o campionato de tiro.
-
-
s
f
Toque militar realizado ao romper o día cunha corneta ou cunha trompeta para espertar os soldados. Tamén se lle chama toque de diana.
Ex: No meu cuartel a diana é ás 7:00.
Frases feitas
-
Con que diana me vés! Expresión empregada para indicar que alguén actúa segundo a súa conveniencia. Ex: -Hoxe, déixoche a nena. -Pois, con que diana me vés!
-
Estache boa a diana! Expresión empregada para indicar que un asunto está complicado. Ex: Aínda non amañaches iso? Estache boa a diana!
-
Facer diana. Acertar na diana.
-
Sempre coa mesma diana. O mesmo retrouso, a mesma canción. Ex: Cala co do asasinato, sempre estás coa mesma diana.
-
Tocar diana. Espertar a alguén para que se erga. Ex: Canto máis tarde me deito, máis cedo me tocan diana.