diana

diana

(< día)

  1. s f
    1. Punto central dun branco de tiro.

      Ex: Non conseguiu dar na diana. 

    2. Superficie formada por círculos concéntricos sobre a que se practica o tiro ao branco.

      Ex: As dianas xa estaban preparadas para o campionato de tiro. 

  2. s f

    Toque militar realizado ao romper o día cunha corneta ou cunha trompeta para espertar os soldados. Tamén se lle chama toque de diana.

    Ex: No meu cuartel a diana é ás 7:00.

Frases feitas

  • Con que diana me vés! Expresión empregada para indicar que alguén actúa segundo a súa conveniencia. Ex: -Hoxe, déixoche a nena. -Pois, con que diana me vés!

  • Estache boa a diana! Expresión empregada para indicar que un asunto está complicado. Ex: Aínda non amañaches iso? Estache boa a diana!

  • Facer diana. Acertar na diana.

  • Sempre coa mesma diana. O mesmo retrouso, a mesma canción. Ex: Cala co do asasinato, sempre estás coa mesma diana.

  • Tocar diana. Espertar a alguén para que se erga. Ex: Canto máis tarde me deito, máis cedo me tocan diana.

Palabras veciñas

diana | Diana | Diana | diana | Diana | Diana de Gales | Diana, La