Diario de la Marina

Diario de la Marina
[PUBLIC]

Xornal de carácter informativo e político editado en La Habana entre abril de 1844 e maio de 1960. Cesou co triunfo da revolución cubana liderada por Fidel Castro. Fundado polo xornalista vigués Isidoro Araújo de Lira, a partir de 1857 pasou a ser propiedade dunha sociedade integrada por industriais da illa. Como publicación monárquica, durante a época colonial apoiou a política española. No seu número especial de 1932 no que incluíu numerosos artigos relacionados coa cultura e as tradicións cubanas, colaboraron, entre outros, Mariano Aramburo, Javier de Acevedo, Ramón A. Catalá, Concha Espina, J. A. Fernández de Castro, Antonio S. de Bustamante, Hortensia Lamar, G. Sánchez Galarraga e Gabriel Camps.