Diario de Santiago
Diario de Santiago
[PUBLIC]
Xornal editado entre outubro de 1848 e xaneiro de 1849 en Santiago de Compostela. Impreso nos obradoiros tipográficos de Xoán Rey Romero, constaba de catro páxinas en tamaño folio. O seu director literario foi Antonio Neira de Mosquera. Incluíu novas locais, unha sección militar e información sobre bandos, ordes reais, citas, libros, estatísticas, actos académicos, festas relixiosas e sobre o Liceo de la Juventud e o Liceo Artístico y Literario. No eido literario apareceu un vilancico de Alberto Camino titulado “Agora si que é a certa”. Os domingos entregaba un prego amodo de suplemento co título de Revista Literaria, que servía para encadernar a publicación. Continuou a súa liña editorial en El Patriota compostelano.