Díaz Díaz, Xesús
Sindicalista. Ingresou en ASTANO en 1958, participou na súa primeira folga en 1958 e dende 1966 nas clandestinas comisións obreiras do estaleiro de Ferrol. Detido polo Tribunal de Orden Público e indultado en 1969, tralos sucesos do 10 de marzo de 1972 foi novamente detido e permaneceu dous meses no cárcere da Coruña. Tralas eleccións sindicais de 1975 foi membro do xurado de empresa de ASTANO e director do xornal A voz do traballo, e pertenceu á coordinadora de Ferrol de CC OO. Promoveu numerosos actos culturais opositores ao réxime franquista dende a Sociedade Cultural Betón e o Círculo de Perlío. Trala legalización do sindicato, foi secretario de información e formación en Ferrol e secretario de acción sindical na provincia da Coruña (1977), do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia (1981-1986) e da Federación do Metal de CC OO (1986). Foi secretario xeral do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia (1989-2000) e presidente do Consello Sindical da Interrexional Galicia-Norte de Portugal (1999-2000). Presidiu a Fundación Cultural 10 de Marzo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol