Diego I de Muros

Diego I de Muros

Frade mercedario e bispo de Tui (1472-1487) e Ciudad Rodrigo (1487-1492). Estudiou teoloxía na Universidade de Salamanca. Cara ao 1421 ingresou na orde mercedaria na que desempeñou, entre outros, os cargos de comendador en Huete (1456) e en Guadalajara (1464) e, co apoio da familia dos Mendoza o de provincial de Castela no 1466. Capelán de Enrique IV (1465) e bispo de Tui (1472), coa chegada ao poder dos Reis Católicos adquiriu novos cargos, entre outros o de oidor real da chancelería de Valladolid (1475). Participou na vida política galega e enfrontouse co arcebispo Fonseca e con Pedro Álvarez de Soutomaior. Enviado como embaixador a Roma (1479), defendeu a posición dos monarcas respecto ás provisións dos bispados. Volveu á súa diocese en 1482, na que organizou a administración e lle deu unhas ordenanzas á cidade de Tui (1484). No 1487 foi elixido bispo de Ciudad Rodrigo, onde permaneceu ata a súa morte. Entre os seus escritos destacan Constituciones sinodiales del obispado de Tuy (1482), Estatuto sobre el régimen de la ciudad de Tuy e Constituciones sobre el tesorero.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Muros

  • Deceso

    Lugar : Ciudad Rodrigo