Díez
-
[ONOM]
Díaz.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe moi estendida por toda a Península. As súas armas levan, en campo de goles, unha aspa de ouro, e por orla oito aspas do mesmo metal, pero de menor tamaño. Algúns traen, en campo de ouro, seis bandas de azul. Entre as outras moitas variantes que se recollen para esta caste, destaca estoutra: en campo de azul, un castelo de ouro de tres torres, a do centro sumada dun guerreiro armado con armas brancas, cunha espada denuda na man dereita e un escudo na esquerda e as laterais, sumada cada unha dunha flor de lis de ouro, a cada lado do castelo unha columna tamén de ouro, sumada dunha aguia de sable; no cantón destro do xefe un sol de ouro e no cantón sinistro unha lúa de prata entre catro estrelas de ouro; bordo de goles con oito vieiras de prata.