Docurro
Docurro
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica ‘curro’ e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XV: “frey Johan de Curro” (doc ano 1407 en Clarinda de A. Maia, História do galego-português. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, nº 133, p 236); e no s XVI: “Juao do Curo” (doc ano 1589 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 551).