1 don

1 don

(

  1. s m

    Cousa que lle dá alguén que ten certa autoridade ou un ente superior, normalmente Deus, a unha persoa.

    Ex: Recibiu un don de Deus e dende aquela predica o Evanxeo. O rei concedeulles eses dons ós seus súbditos.

    Confrontacións: gracia, mercé, mercé.
  2. s m

    Calidade ou aptitude, normalmente positiva, que posúe alguén. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Tódolos refráns teñen o don do ensino e o don da verdade”. Ex: Entre os seus dons está a boa educación. OBS: Coas preposicións de e para seguidas dun verbo en infinitivo ou dun substantivo indica a capacidade dunha persoa para facer algo.

    Ex: Ten don de xentes. Sempre tivo un don especial para mandar.

Palabras veciñas

Domus Flavia | domus* | Domus-Casa do Home | 1 don | Don | 2 don -na | Don Benito