Doria

Doria

Liñaxe señorial xibelina de Xénova. Arnaldo Doria capitaneou a flota xenovesa contra os musulmáns da Península Ibérica (1147). O seu fillo, o almirante Simone Doria , asediou San Xoán de Acre e foi a orixe das diferentes pólas da liñaxe: os Doria príncipes de Melfi; os Doria príncipes de Angri (1636) e duques de Éboli; os Doria di Dolceacqua; e os Doria Lamba. Oberto Doria desfixo a armada pisana na Batalla da Meloria (1284). Lamba Doria venceu a flota veneciana en Curzola (1298). Pagano Doria venceu a Venecia nas batallas navais de Constantinopla (1352) e Porto Longo (1354). Da liña de Sardeña sobresaen, entre outros, Mateo Doria , o seu sobriño Brancaleone Doria e os seus fillos Federico I de Arborea e Marino V, xuíces de Arborea. No 1339 foi unha das liñaxes exiliadas de Xénova. A figura máis destacada da familia foi Andrea Doria , almirante ao servizo dos vicerreis de Nápoles e Sicilia, que tomou parte na Batalla de Lepanto. Dos seus fillos descendeu a liña dos príncipes de Avella (1607), duques de Tursi (1594), extinguida en 1749; e a liña dos príncipes de Melfi, duques de Avigliano (1613), que por motivos de matrimonio se converteron en Doria Pamphili-Landi a partir de 1760. Ese mesmo ano Giovanni Andrea Doria , sétimo príncipe de Melfi, foi príncipe do Santo Imperio e de Toriglia. Filippino Doria foi almirante de Francisco I de Francia.