dracma

dracma

(

  1. [NUMIS]
    1. s f

      Moeda grega de prata que continuou circulando entre os romanos. O seu peso teórico oscilaba entre os 3 e os 4,5 g segundo as cidades. O dracma ateniense (de seis óbolos) constaba duns 4,4 g de prata e equivalía á seismilésima parte dun talento (uns 26,2 kg). Os múltiplos e os divisores máis usuais eran o decadracma, o tetradracma, o didracma, o tetróbolo (2/3), o trióbolo (1/2), o dióbolo (1/3), o óbolo (1/6) e o hemióbolo (1/12). A colonización grega ao longo do Mediterráneo estendeu o seu uso ata as colonias de Empuries e Roses, onde tamén se cuñaron.

    2. s f

      Unidade monetaria da Grecia moderna, vixente desde 1833 ata a entrada do euro, no 2002. Dividíase en 100 lepta.

    3. dracma sasánida

      Moeda antiga de Persia de 3,70 g de peso, antecedente inmediato no que se inspirou o dirhem musulmán.

  2. s f [METROL]

    Antiga unidade de peso que consta de 3 escrúpulos ou 72 grans e que equivale a 1/8 de onza (3,594 g).

Palabras veciñas

Dracaena | Drach, Johann | Drachmann, Holger | dracma | Draco | Draco | Dracón