dubnio
dubnio
(< lat científico dubniu)
s
m
[QUÍM]
Elemento químico radioactivo de número atómico 105 que pertence á cuarta serie dos elementos de transición. Descubrírono en 1967 os científicos soviéticos do Instituto de Investigación Nuclear de Dubna. Obtense de forma artificial por medio do bombardeo de elementos pesados cun feixe de ións de alta densidade. Coñécense 7 isótopos con períodos de semidesintegración comprendidos entre 1,5 e 35 segundos. A IUPAC denominouno provisionalmente unnilpentio.