dueña*
dueña*
s
f
[LIT]
Personaxe do teatro clásico español que representa a unha muller madura coa función de aconsellar, amoestar e mesmo concertar as citas dunha dama nova co seu namorado. Desta función de intermediaria derívase a súa denominación de tercera. Outras veces, tratábase dunha muller viúva que impuña respecto coa súa presencia. Foi habitual na escena do Século de Ouro.