duelo
duelo
(< lat duellu)
-
s
m
[HIST]
Combate entre dúas persoas, aceptado de xeito voluntario, para esclarecer unha cuestión considerada de honor. Estaba regulado por determinadas normas e celebrábase, xeralmente, en presenza de testemuñas ou padriños. Ten as súas orixes no duelo xudicial do antigo dereito xermánico e estendeuse pola Europa medieval. Nos países latinos popularizouse durante os ss XVII e XVIII como costume xeneralizado entre a nobreza, pero durante o s XIX, case todas as lexislacións o aboliron.
-
s
m
Enfrontamento de calquera tipo entre dúas persoas.
Ex: Onte comezaron a falar de política e acabaron nun duelo dialéctico.
Confrontacións: loita, pelexa.