loita
(< lat lucta)
-
-
s
f
Enfrontamento violento, con ou sen armas, entre dous ou máis individuos para impor cada un a súa forza física sobre os demais.
Sinónimos: pelexa. -
loita biolóxica
[ECOL]
Control de poboacións de organismos prexudiciais que se basea na potenciación dos inimigos naturais da especie ou na interferencia do seu ciclo biolóxico. Destacan os insectos entomófagos, organismos parasitos (virus, fungos e bacterias) e a atracción mediante feromonas sexuais cara a unha trampa como mecanismos na loita contra pragas de insectos. OBS: Tamén se denomina control biolóxico.
-
loita integrada
[ECOL]
Control de pragas e enfermidades mediante a combinación da loita biolóxica e da loita química. OBS: Tamén se denomina control integrado.
-
loita pola existencia
[BIOL]
Proceso de selección natural que comporta unha contenda entre os individuos dunha determinada especie co fin de conseguir alimento, parella ou vivenda, de maneira que conduce á supervivencia dos máis aptos. Este concepto, introducido seguramente por A. R. Wallace, deixou de ter un significado evolutivo, dado que o medio natural selecciona aqueles individuos que teñen unha descendencia máis numerosa e non os gañadores dunha loita cruenta.
-
loita preventiva
[BIOL]
Sistema de loita contra pragas e enfermidades das plantas. Fai uso das medidas de control antes da aparición dos parasitos ou de que estes acaden proporcións difíciles de combinar.
-
loita química
[QUÍM]
Sistema de control das pragas e enfermidades contaxiosas das plantas coa concorrencia exclusiva de praguicidas químicos.
-
s
f
-
[DEP]
-
s
f
Combate sen armas entre dous contendentes en que gaña aquel que derruba ao adversario segundo unhas regras determinadas.
-
loita grecorromana
loita grecorromana.
-
loita libre
Modalidade de loita en que se pode utilizar todo o corpo, incluídos os apreixos por debaixo da cintura e o uso das pernas, para dominar ao contrario.
-
s
f
-
-
s
f
Enfrontamento entre forzas ou tendencias contrarias por conseguir algo.
-
loita de clases
[SOCIOL]
Enfrontamento entre as diferentes clases sociais, especialmente entre a clase obreira e a capitalista, por acadar o poder político e a supremacía económica, segundo o materialismo histórico de K. Marx. Esta loita deuse en todos os sistemas sociais da historia, pero acadou a maior intensidade no capitalismo. O materialismo histórico baseouse na afirmación de que non existe unha solución capaz de superar os enfrontamentos de intereses dos distintos grupos sociais para chegar á conclusión de que non había máis camiño que a loita das clases explotadas para quitar o poder económico ás clases explotadoras e dominantes, os burgueses. A fin da loita de clases segundo o marxismo chegaría coa vitoria dos obreiros e a ditadura do proletariado.
-
s
f
-
s
f
Esforzo grande e extremo por obter algunha cousa.