2 duma
(
Asemblea lexislativa da Rusia tsarista creada polo Tsar Nicolao II despois do Domingo Vermello (xaneiro de 1905) como asemblea consultiva. A posibilidade de establecer un réxime parlamentario en Rusia quedou truncada, xa que a autoridade do tsar e do Consello de Estado quedaba sempre por riba da asemblea. Cara a 1916, as tensións entre a duma, cunha forte compoñente antitsarista, e a monarquía eran xa moi graves. Así, cando se produciron as manifestacións obreiras de febreiro de 1917, a asemblea esixiu a abdicación de Nicolao II e constituíu un comité (27 de febreiro) que se converteu en goberno provisional (2 de marzo). A duma foi substituída por unha grande asemblea nacional. Trala disolución da URSS (1991), recibiu esta denominación a cámara lexislativa da Federación Rusa, creada a partir da Constitución federal de 1993.