eclíptica
eclíptica
(< lat ecliptĭca linĕa < gr )
s
f
[ASTRON]
Traxectoria aparente que describe o Sol ao longo dun ano no firmamento das estrelas fixas. O nome provén do feito de que as eclipses, sexan de Sol ou de Lúa, sempre acontecen sobre esta liña. A eclíptica é un círculo máximo da esfera celeste, e corresponde á intersección desta co plano da órbita terrestre, que tamén recibe o nome de eclíptica ou plano da eclíptica. A inclinación do eixe da Terra respecto ao plano da súa órbita fai que o plano da eclíptica determine un ángulo de 23° 27’ respecto ao do ecuador celeste; este ángulo chámase oblicuidade da eclíptica. Este último círculo corta a eclíptica en dous puntos equinocciais, aos que o Sol chega o 21 de marzo e o 22 de setembro de cada ano.