ecloxita

ecloxita

(< gr ἐκλογή‘selección’)

s f [XEOL]

Rocha metamórfica de gran medio ou groso, de elevada densidade e dureza, que se forma a partir de rochas ígneas sometidas a altas temperaturas e presións máximas. Está composta fundamentalmente de granate (piropo) e onfacita (piroxeno), e en menor proporción de diópsido, olivina, rutilo, anfíbolo e, ás veces, diamante. O seu aspecto máis habitual é un moteado vermello e verde, e aparecen en masas illadas no interior doutras rochas metamórficas.

Palabras veciñas

eclíptica | eclíptico -ca | eclosión | ecloxita | Eco | ECO | eco