Eco
Eco
[MIT]
Ninfa dos bosques. Unha das versións da súa lenda di que Pan estaba namorado dela, pero Eco, á súa vez, quería a un sátiro, que fuxía dela; daquela, o deus, anoxado ante a súa indiferencia, ordenoulle a uns pastores que a despezasen. Noutra versión, aparece profundamente namorada de Narciso, pero sen éxito. En todo caso, sempre acontece, que cando morre a ninfa desaparece e se converte nunha voz que repite as últimas sílabas das palabras que se emiten.