eco
(
-
s
m
[FÍS]
-
Fenómeno que consiste na reflexión de ondas sonoras por un obstáculo, de maneira que o oído recibe a onda reflectida cun certo atraso respecto á onda directa, atraso que corresponde á diferenza de camiños percorridos. Para que o eco sexa claramente perceptible como un efecto de repetición do son, cómpre que o atraso das dúas ondas sexa superior a 0,1 segundos.
Sinónimos: resón. -
Reflexión de ondas radioeléctricas que dá lugar a efectos de repetición dos sinais recibidos.
-
Fenómeno análogo ao eco acústico polo que aparecen na pantalla do televisor unha ou máis imaxes parasitas desprazadas lateralmente respecto á principal.
-
Aparición, na pantalla do aparato de radar, do punto luminoso correspondente á onda devolta (reflectida ou dispersada) por un branco.
-
-
s
m
-
Son que se percibe de forma débil e confusa.
Ex: Chegoume o eco das súas palabras dende o fondo da cova.
-
Son que perdura na memoria.
Ex: Sentía o eco das ambulancias moitos días despois do accidente.
-
-
-
s
m
Noticia imprecisa dun feito ou suceso.
Ex: Os ecos que chegan da guerra non son moi positivos.
-
ecos de sociedade
[COMUN]
Noticias, de temas como a vida social ou política, que se publican nunha sección do periódico baixo ese título.
Ex: Le sempre o eco de sociedade dese xornal.
-
s
m
-
s
m
Difusión que alcanza unha noticia.
Ex: As folgas do sector naval tiveron moito eco na opinión pública.
-
s
m
Repercusión, efecto ou influencia de alguén ou algo.
Ex: O peche da factoría vai ter moito eco na comarca. Os escritores románticos alemáns tiveron moito eco na literatura posterior.
Confrontacións: resonancia. -
s
m
Persoa que imita ou repite o que outra di ou fai.
Ex: Está tan influída pola súa amiga que cando fala parece o seu eco.
-
s
m
[LIT]
-
Artificio poético que consiste na repetición dos sons vocálicos e consonánticos finais a partir da derradeira sílaba acentuada dunha palabra, na seguinte palabra.
-
Composición poética na que as sílabas finais dun verso se repiten no verso seguinte, convertidas nunha palabra bisílaba ou monosílaba. Na modalidade coñecida como eco encadeado repítese a palabra final de cada verso -ou a parte final da palabra- ao comezo do verso seguinte.
-
-
[MÚS]
-
s
m
Repetición debilitada dunha frase musical ou dunha nota.
-
s
m
Repetición das derradeiras palabras ou sílabas cantadas por un coro a media voz.
-
eco dun órgano
Cuarto teclado manual do órgano engadido no s XVII que reproduce dunha maneira apagada os sons dos outros teclados.
-
s
m
-
s
m
[INFORM]
Opción dalgunhas aplicacións informáticas que permiten reproducir contidos en varios equipos simultaneamente.
-
s
m
[PSIC]
Imitación ou repetición de movementos, palabras, xestos ou escritos.
-
eco do pensamento
[PSIC]
Fenómeno alucinatorio que consiste na percepción auditiva do propio pensamento, como se proviñese de fóra.
Frases feitas
-
Facerse eco de. Difundir unha noticia.