eco

eco

(

  1. s m [FÍS]
    1. Fenómeno que consiste na reflexión de ondas sonoras por un obstáculo, de maneira que o oído recibe a onda reflectida cun certo atraso respecto á onda directa, atraso que corresponde á diferenza de camiños percorridos. Para que o eco sexa claramente perceptible como un efecto de repetición do son, cómpre que o atraso das dúas ondas sexa superior a 0,1 segundos.

      Sinónimos: resón.
    2. Reflexión de ondas radioeléctricas que dá lugar a efectos de repetición dos sinais recibidos.

    3. Fenómeno análogo ao eco acústico polo que aparecen na pantalla do televisor unha ou máis imaxes parasitas desprazadas lateralmente respecto á principal.

    4. Aparición, na pantalla do aparato de radar, do punto luminoso correspondente á onda devolta (reflectida ou dispersada) por un branco.

  2. s m
    1. Son que se percibe de forma débil e confusa.

      Ex: Chegoume o eco das súas palabras dende o fondo da cova.

    2. Son que perdura na memoria.

      Ex: Sentía o eco das ambulancias moitos días despois do accidente.

    1. s m

      Noticia imprecisa dun feito ou suceso.

      Ex: Os ecos que chegan da guerra non son moi positivos.

    2. ecos de sociedade [COMUN]

      Noticias, de temas como a vida social ou política, que se publican nunha sección do periódico baixo ese título.

      Ex: Le sempre o eco de sociedade dese xornal.

  3. s m

    Difusión que alcanza unha noticia.

    Ex: As folgas do sector naval tiveron moito eco na opinión pública.

  4. s m

    Repercusión, efecto ou influencia de alguén ou algo.

    Ex: O peche da factoría vai ter moito eco na comarca. Os escritores románticos alemáns tiveron moito eco na literatura posterior.

    Confrontacións: resonancia.
  5. s m

    Persoa que imita ou repite o que outra di ou fai.

    Ex: Está tan influída pola súa amiga que cando fala parece o seu eco.

  6. s m [LIT]
    1. Artificio poético que consiste na repetición dos sons vocálicos e consonánticos finais a partir da derradeira sílaba acentuada dunha palabra, na seguinte palabra.

    2. Composición poética na que as sílabas finais dun verso se repiten no verso seguinte, convertidas nunha palabra bisílaba ou monosílaba. Na modalidade coñecida como eco encadeado repítese a palabra final de cada verso -ou a parte final da palabra- ao comezo do verso seguinte.

  7. [MÚS]
    1. s m

      Repetición debilitada dunha frase musical ou dunha nota.

    2. s m

      Repetición das derradeiras palabras ou sílabas cantadas por un coro a media voz.

    3. eco dun órgano

      Cuarto teclado manual do órgano engadido no s XVII que reproduce dunha maneira apagada os sons dos outros teclados.

  8. s m [INFORM]

    Opción dalgunhas aplicacións informáticas que permiten reproducir contidos en varios equipos simultaneamente.

  9. s m [PSIC]

    Imitación ou repetición de movementos, palabras, xestos ou escritos.

  10. eco do pensamento [PSIC]

    Fenómeno alucinatorio que consiste na percepción auditiva do propio pensamento, como se proviñese de fóra.

Frases feitas

  • Facerse eco de. Difundir unha noticia.